Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo está a mellorar a colocación dos contedores na zona rural cunha base de formigón

Por 6 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Ribadeo está a mellorar a colocación dos contedores na zona rural, despois de escoitar aos veciños e aos traballadores municipais. Os colectores estarán sobre unha base de formigón rematada en pedra.

O concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente, Diego dos Santos, dixo que “seguimos con melloras no rural e seguimos escoitando aos veciños e aos nosos traballadores. E unhas das grandes queixas que recibimos durante estes meses foi que os contedores da recollida do lixo estaban colocados de calquera maneira, uns con base outros sen ela, uns con cubrecontedores e outros sen el”.

O edil ribadense explicou que “agora o que están facendo os nosos traballadores é un gran labor coas obras coidando ata o último detalle. Os contedores estarán sobre unha base de formigón rematada en pedra, porque cremos que o noso rural o necesita. Hai que darlle valor e coidalo, e que eses islotes dos contedores non rompan co entorno natural nos que están situados”.

Diego dos Santos engadiu que “xa actuamos en máis de 13 puntos e o traballo continúa, porque entre todos seguimos mellorando Ribadeo”.