Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios

Por 13 Marzo, 2024Sin comentarios

Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios para animar ás persoas a reclamar antes de que remate o prazo. A cita terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 20 horas na Oficina de Turismo.

A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “a actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que a Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha en febreiro para explicar ás persoas consumidoras que aínda non o fixeron como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario”.

A edil ribadense indicou que “o obxectivo desta actividade é informar á cidadanía dos importes que  poden reclamar, do prazo do que dispoñen así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación”.

E engadiu: “animamos a todas as persoas que teñan dúbidas sobre todo este proceso a que se acheguen este venres á Oficina de Turismo de Ribadeo”.