Skip to main content
Ribadeo

Alfonso Villares enxalza o sector da comercialización de produtos pesqueiros en Ribadeo

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a puxanza do sector da comercialización de produtos pesqueiros e seu papel como fonte de riqueza e xeración de emprego de calidade nas economías dos concellos costeiros. Neste sentido expresouse o titular de Mar durante o ágape celebrado no novo establecemento da empresa Mariscos Ribadeo na localidade lucense coa que expande a súa actividade de negocio equipando ao novo local de viveiro e cocedeiro ofertando a posibilidade aos clientes de mercar o produto tanto fresco como cocido ampliando deste xeito os seus horizontes comerciais dedicados á venta e distribución de produtos pesqueiros.

O representante autonómico puido coñecer da man dos responsables da empresa os seus plan futuros para seguir crecendo e que pasan por afondar na comercialización online e nos produtos conxelados. Alfonso Villares valorou moi positivamente a traxectoria de esta empresa que amosa de xeito singular o potencial do sector da comercialización dos produtos pesqueiros galegos que gozan dun gran prestixio nos mercados pola súa calidade, sabor e polos seu múltiples beneficios para a saúde dos consumidores. O conselleiro destacou que esta actividade é crucial á hora de levar os produtos do mar galegos ao longo de toda a xeografía galega e máis alá das nosas fronteiras contribuíndo a acrecentar o peso do conxunto da cadea mar-industria na economía galega que alcanza na actualidade ao redor do 5 % do PIB e emprega a máis de 50.000 persoas.