Skip to main content
Ribadeo

Organizan en Ribadeo cursos para os exames Competencias Clave

Por 30 Marzo, 2024Marzo 31st, 2024Sin comentarios

O Concello de Ribadeo, desde a Área de Promoción Económica, Iniciativa Empresarial, Turismo e Comercio, vai poñer en marcha un curso destinado a preparar os exames de Competencias Clave N2 que se celebrarán no ano 2024, convocados pola Consellería de Emprego e Igualdade. O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de abril.

A data de inicio prevista da acción formativa establécese para o día 6 de maio, en horario de 10 a 13 horas, no edificio do Viejo Pancho.

Os cursos que se impartirán son de Competencia Matemática Nivel 2, Comunicación en Lingua Castelá Nivel 2 e Comunicación en Lingua Galega Nivel 2.