Skip to main content
Ribadeo

Veciños de Ribadeo queixanse da iluminación no casco urbano da vila

Por 28 Marzo, 2024Sin comentarios

Veciños de Ribadeo veñen de queixarse da iluminación no casco urbano da vila así como do estado do mobiliario urbano no Cargadoiro.

Din que “estes días o alcalde presumía da iluminación dos muros do Forte San Damián pero hai zonas moito máis céntricas e máis frecuentadas onde o alumeado brilla pola súa ausencia”.

No relativo ao Cargadoiro sinalan que “sendo un marabilloso lugar está algo abandonado, sobre todo nas datas de Semana Santa cando nos visitan tantos forasteiros”. Tamén mencionaron que o exterior da Capela de San Miguel estaba sen adecuar.

Por outra banda, a veciñanza foxo fincapé nos tocos que quedaron no chan despois da súa tala nun parque infantil, “uns tocos que perigosamente sobresaen do chan e sobre os que pode caer un neno e danarse perigosamente a cabeza ou outra parte do corpo”.