Skip to main content
Ribadeo

Ribadeo acollerá a Gladiator Family con carácter solidario o 28 de abril

Por 27 Marzo, 2024Sin comentarios

Ribadeo acollerá a Gladiator Family con carácter solidario o 28 de abril. O importe das inscricións desta proba de obstáculos infantil será doado integramente á Cruz Vermella ribadense.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “a carreira está dirixida a nenas e nenos de 3 a 11 anos. O diñeiro das inscricións será doado á Cruz Vermella de Ribadeo”.

O edil ribadense contou que “a proba, que está patrocinada por Banco Mediolanum a través do proxecto Mediolanum Aproxima, terá lugar o 28 de abril a partir das doce da mañá na praza de España. Nenas e nenos, acompañados dun adulto, disfrutarán dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos en dous percorridos, un de 500 metros para as idades comprendidas entre 3 e 5 anos, e outro de 900 metros para nenas e nenos de 6 a 11 anos. Ao remate da proba todos os participantes recibirán unha medalla finisher”.

O custe das inscricións será de 5 euros e poderán abonarse a través de www.gladiatorraceoficial.es ou a través de https://www.deporticket.com/web-evento/9730-gladiator-family-ribadeo Será posible inscribirse na Gladiator Family a partir do vindeiro luns, 1 de abril.

Desde a organización engadiron que A Fundación Mediolanum en España tamén participará na solidariedade da carreira e multiplicará as doazóns que se consigan entre 2.000 e 5.000 euros.