Skip to main content
Ribadeo

O domingo, 31 de marzo, dará comezo a terceira edición do Camiño do Mar, Concello a Concello

Por 28 Marzo, 2024Marzo 29th, 2024Sin comentarios

O domingo, 31 de marzo, dará comezo a terceira edición do Camiño do Mar, Concello a Concello. Por terceiro ano consecutivo a Asociación Amigos Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela levará a cabo o proxecto: “O Camiño do Mar Concello a Concello”, proxecto desenvolvido en anos anteriores, con gran éxito e con gran participación.

Este domingo dará comezo a primeira etapa, que empezará ás 9:00 horas desde a escalinata do Concello de Ribadeo ata a Espiñeira, un 24 quilómetros. aproximdamente.

O principal obxectivo da acción é promover e divulgar o Camiño do Mar. Dar a coñecer por onde discorría a antiga vía de peregrinación que atravesaba os nosos concellos. No caso da primeira etapa: Ribadeo e Barreiros.

Unha acción que tamén axuda a coñecer lugares dos propios concellos que moita xente descoñece, xa que a xente que participa nesta acción é xente que vive nos propios concellos por onde discorre o Camiño do Mar, e moitas veces descobre lugares.

Esta acción axuda a dar cumprimento a algúns dos obxectivos que ten a nosa asociación. A de facilitar o coñecemento e a divulgación do propio camiño, remarcar a sinalización do Camiño do Mar. Algo que vén facendo desde hai máis de 15 anos, sinalización que se realiza como empezou sinalizando Elías Valiña, o artífice da recuperación do Camiño de Santiago, repintando as frechas amarelas existentes no Camiño do Mar.

Tamén con esta acción seguimos poñendo o foco na reivindicación da execución do acordo parlamentario alcanzado, por primeira vez no 2011, e que aínda a Xunta de Galicia non levou a cabo, que non é outro, que o recoñecemento por parte da administración como Camiño de Santiago, do mesmo xeito que fixo noutros territorios.

Toda información das etapas e o discorrer delas durante os preto de tres meses estará na nosa web: www.asocaminodelmar.com