Skip to main content
Viveiro

O PP de Viveiro pide o saneamento do centro da Fundación Comarcal A Mariña Occidental

Por 6 Marzo, 2024Sin comentarios

Mariña Gueimunde, concelleira do PP de Viveiro, vén de presentar un rogo para o próximo Pleno no que pide o saneamento das centro da Fundación Comarcal A Mariña Occidental.

O edificio da Fundación comarcal A mariña occidental, cedido desde o 2016 pola Xunta de Galicia ao concello e situado en Lodeiro utilízana para os seus ensaios e actividades culturais algunha banda do municipio, grupos de canto, teatro e é sede do Seminario de Estudos Terras de Viveiro ademais de ser o punto municipal de distribución de froita.

“Estas asociacións gardan o seu material, libros, roupa, instrumentos nos locais do inmoble e o concello reparte a froita no amplo recibidor”, di Gueimunde.

“O estado de deterioración do espazo é considerable, e a falta de atención e mantemento por parte do concello ten en albas a todos os usuarios, que día a día ven impotentes como se incrementa o número de pingueiras e humidades poñendo en risco a integridade dos seus aveños e o desenvolvemento das súas actividades”, engade a Popular de Viveiro.