Skip to main content
Axenda CaducadaPortomarín

A Festa da Augardente de Portomarín: dous días de degustacións, carreira popular e concurso de coctelería

Por 19 Marzo, 2024Marzo 20th, 2024Sin comentarios

Como todos os anos o Domingo de Pascua acolle a tradicional Festa da Augardente de Portomarín, aínda que a 52 edición chega cunha novidade. O Concello de organizou dous días de festa, o sábado 30 e o domingo 31 de marzo, nos que terá lugar o primeiro concurso de coctalaría.

Na cita tamén haberá varios postos con degustacións dos produtos da terra, carreira popular, concurso de coctelería e música. A programación comeza o sábado ás 12.30 hoa coa inauguración e a apertura de stands na praza do Camiño. A sesión vermú da man da orquestra Trébol comezará ás 14.00 horas e xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, organizarase o primeiro concurso de coctelería Cócteles do Camiño. O peche de stands será ás 00.00 horas.

Música e carreira popular

O programa do domingo inaugurase ás 11.00 co prendido de alquitaras na praza do Camiño e apertura de stands. Despois terá lugar a entrega de premios do concurso de coctelería e xa ás 12.00 horas, a procesión do Santo Encontro e misa na igrexa de San Xoán e pasacalles a cargo da Asociación Cultural Río Miño. Pola mañá tamén terá lugar a oitava edición da carreira popular A carón do río e ás 12.45 a Federación Española de Bebidas Espirituosas impartirá unha xornada técnica no salón de actos do Pazo do Xeneral Pardiñas.

Ás 13.15 horas o Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara recibirá aos novos cabaleiros e damas que ingresan na orde e a partir das 14.00 horas os asistentes poderán gozar do pregón da man de Mario Mato, adegueiro de Portomarín. A música protagonizará a tarde, que estará amenizada pola charanga Era Visto. O fin de festa e o peche de stands terá lugar ás 20.00 horas.