Skip to main content
BecerreáLugoPalas de ReiPortomarín

Lugo, Portomarín, Becerreá e Palas contarán este verán con campamentos para a mocidade

Por 23 Abril, 2024Sin comentarios

A Xunta abre o prazo para solicitar os campamentos e campos de voluntariado deste verán 2024. Ata o vindeiro 30 de abril, as familias poderán solicitar praza nunha das instalacións ofertadas pola Xunta de Galicia para este ano.

Deste xeito, ponse en marcha un campamento no albergue Xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín; outro en Os Chacotes, en Palas de Rei; outro no Alberge Xuvenil LUG II na cidade de Lugo e tamén no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá.

A campaña de verán do Goberno galego contará con máis de 11.500 prazas, 300 máis que o pasado ano, batendo así con todos os récords. A actuación, programada en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, terá lugar nas diferentes quincenas dos meses dos meses de xullo e agosto e participaran xente nova de toda España.