Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A do ACD Piringalla loitarán por ser campións de Liga

Por 9 Marzo, 2024Marzo 19th, 2024Sin comentarios

O ACD Piringalla continúa collleitando bos resultados nas súas distintas categorías. Deste xeito, o equipo Alevín A, Benxamín A e Prebenxamín A clasificáronse para xogar polo título na segunda fase da competición. Os alevíns conseguírono tras o último encontro co Palas, o líder e pasaron como terceiros de grupo. Despois de sumar 8 vitorias en 10 partidos, os de Rober obteñen a recompensa polo gran nivel que están a demostrar. Marco Vidal, José Gómez, Mateo González, Edgar Vázquez, Warlind, Nico Muñiz, Ander Vázquez, Xabier Alemañ, David Mera e Adam forman parte do equipo que se impuxo nas Gándaras.

Pola súa parte o Benxamín A, adestrado por Anido, acaba a primeira fase invicto, con 8 vitorias e 2 empates, e proclámase campión de grupo. Thiago, Daniel, Samu, Bruno, Diego, Pelayo, Martiño, Sergio, Mateo, Izan, Alex, Adrián, Pablo e Oliver terminan así en primeiro lugar da Primeira Galicia, demostrando un gran nivel. Agora xogaranse o acceso ao Campionato Galego enfrontándose ao Viveiro, Río Ouro, Polvorín, Milagrosa e Foz.

Por último, o Prebenxamín súmase ao resto de equipos do club que logra a primeira posición, acadando 42 puntos en 14 encontros. Os de David Teijeiro pasan á fase de promoción para conseguir quedar entre os dous primeiros e acceder así ao Campionato Galego. Lucas, Fabio, Iker, Pablo, Gabriel, Bosco, Saadat, Saúl, Aarón, Manuel Montoya, Manuel Mouriz, Óscar, Leo e Brais son os xogadores deste equipo que amosa seguridade co balón en cada partido.