Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Boxing Club Cidade de Lugo faise con 10 medallas no Campionato Galego de Formas

Por 11 Marzo, 2024Sin comentarios

O Boxing Club Cidade de Lugo proclámase campión galego por clubs. Os lucenses fanse con dez medallas no Campionato Galego de Formas, que tivo lugar no municipio ourensán de Verín, onde se deron cita os maiores prospectos do boxeo galego.

O club conseguiu 5 campións, 4 subcampións e 1 bronce e logran gañar, por segundo ano, o campeonato nas categorías feminina e masculina.  Deste xeito, Celtia Gómez, Izan Rocha, Osmel Alonso, Uxue Ponga e Iosefina Bardazau fixéronse cun ouro na competición.

As medallas de prata foron para Noa Buide, Antón Varela, Anxo Otero e Nerea Vila, mentres que Paula Fernández conseguiu un bronce.  No evento reuníronse máis de 20 clubs de todo Galicia e participaron máis de 300 participantes. Tratábase dunha competición sen contacto na que se tiñan en conta exercicios de técnica, salto á comba, sombra e saco para nenos e nenas ata os 16 anos.