Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Shihan sobe ao máis alto do podio no Campionato Galego Infantil con 29 medallas

Por 12 Marzo, 2024Marzo 13th, 2024Sin comentarios

Os lucenses lograron 6 ouros, 9 pratas e 14 bronces na preselección para o Campionato de España no Barco, onde se reuniron preto de 400 deportistas e 32 clubs de toda a comunidade

A Escola Deportiva Shihan de Lugo arrasa no Campionato Galego Infantil de Karate no que se proclama mellor club galego e no que suma 29 medallas. O pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, acolleu a preselección para o Campionato de España reunindo a preto de 400 deportistas e 32 clubs de toda a comunidade. Finalmente, os lucenses lograron 6 ouros, 9 pratas e 14 bronces nas distintas categorías disputadas —benxamín, alevín infantil de kata e kumite—.

Un gran resultado a nivel autonómico, froito do esforzo e do traballo dos rapaces e rapazas da escola, que os converte nun club de referente na práctica deportiva. Deste xeito, lograron a primeira posición Iria Enríquez na categoría Infantil, Uxía Folgueira na xuvenil, Carmen Cendán na alevín -26 kg, Iria Enríquez na infantil -30 kg, Uxía Folgueira na xuvenil -52 kg e Ari Palacio na categoría cadete -61 kg.

As pratas foron para Ángela Buide na modalidade infantil, Dani Aldeanueva na infantil -30 kg, Zoe Otero na infantil -30 kg, para Lia López na infantil -40 kg, Toti Pérez na xuvenil -42 kg, Nai Pérez na xuvenil -52 kg, Nayla Pin na xuvenil +52 kg, David Enriquez na cateogría cadete -52 kg e para Yoel Dong na cadete -63 kg. Pola súa parte, quedaron en terceira posición Zoe Otero, Vega Coto, Sebas Pardo, Alba Otero. David Enriquez, Lucas Aulkemeier, Ángela Buide, Xandre Novoa, Adri Liz María López, Mateo Prol, Pedro Buide e Raúl López.