Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Lugo Sala clasifícase para a fase de ascenso a segunda división

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

O primeiro equipo do Lugo Sala segue cumprindo obxectivos e un deles chegou a falta de sete xornadas para a conclusión da liga regular, como é asegurar xa a súa presenza un ano máis na fase de ascenso á 2ª división do futsal español. Conseguiuno na cancha do Albense, equipo que ademais marca o corte como cuarto clasificado dos equipos que conseguen o pase ás eliminatorias polo ascenso.

Foi un encontro moi bo para os lucenses, con moita orde, bo xogo e sabendo que viaxaba a unha pista sempre complicada. O Piensos Durán Albense FS aproveitou o seu bo inicio de partido e esporeado polos seus para avisar nun par de ocasións no arranque e adiantouse marcador co 1-0 no minuto sete tras finalizar unha contra. Lugo Salga non acusaba ese gol, xa que tamén xerara perigo e en dous minutos no ecuador do primeiro acto lograba darlle a volta ao marcador con goles de Diego Núñez e Porto (1-2). Aí abríase outro partido, onde comezaron a mostrar a súa superioridade no xogo, aínda que o equipo non estaba acertado en ataque e os locais eran capaces de empatar o choque a tres minutos do descanso e deixar o partido aberto co 2-2.

Tras o intermedio a segunda parte sería moi parecida ao primeiros vinte minutos de xogo, aínda que cun Lugo Sala que aos poucos seguía mostrando a súa calidade e demostrando que quería levar a vitoria de terras salmantinas. O 2-3 de Diego Núñéz aos seis minutos do reinicio daba ás ao equipo mentres que o seu rival aos poucos parecía estar máis canso e xa non se mostraba como no primeiro período.

Os de Guillermo Martínez seguirían aumentando a súa vantaxe co paso dos minutos e co 2-4 de Brunito á media hora de partido, o Albense arriscaría xa co porteiro-xogador. Boa defensa sen fisuras dos lucenses que con roubos e aproveitando as súas ocasións, sentenciaban con tres novos tantos de aí ao final o choque, ademais sen encaixar na defensa do 5×4. Este próximo sábado 16 de febreiro o equipo recibirá dentro da 24ª xornada de liga ao Esteo FS desde as 20.00 horas no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.