Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Club Triatlón Cidade de Lugo aumenta o seu palmarés no Campionato de España de Duatlón

Por 13 Marzo, 2024Sin comentarios

Disputaron tres xornadas da liga Nacional de Duatlón en La Nucia, onde se posicionan como campións de España de Duatlón SuperSprint Relevos Parellas

Esta fin de semana o Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial continuou colleitando bos resultados que posicionan ao club como un dos grandes nesta práctica deportiva. En La Nucia, Alacante, disputaron tres xornadas da liga Nacional de Duatlón, estando en xogo tamén os respectivos campionatos de España.

Todas as xornadas dispútanse en formato duatlón supersprint: 2k de carreira + 6k de bici + 1k de carreira. Primeiro foi o turno do Campionato de España de Duatlón de substitucións parellas, na que o  equipo feminino sufriu unha aparatosa caída na última posta e finalizaron 6ª.  Pola súa banda o equipo masculino realizou unha gran actuación para conseguir proclamarse Campións de España de Duatlón SuperSprint Relevos Parellas.

No Campionato de Duatlón Supersprint, marcado polas inclemencias meteorolóxicas e a incerteza, o equipo masculino finalizou 7º e o feminino 8º. Finalmente, celebrouse a proba máis dura de todo a fin de semana co Campionato de España de Relevos 2×2, na que tanto os deportistas como as deportistas realizaron grandes carreiras para coroarse como Subcampións de España de Duatlón SuperSprint 2×2 e  terceiras de España de Duatlón SuperSprint 2×2.