Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Rob Gray despídese do Breogán por motivos familiares

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

O xogador Rob Gray abandona o Breogán despois de solicitar a baixa no club por motivos persoais. Segundo comunicaron en rolda de prensa, o delicado estado de saúde da avoa do americano, que foi quen o criou, é o motivo do cese no equipo lucense.

Deste xeito, Gray non continuará polo momento a súa traxectoria noutro equipo, xa que a súa marcha responde a problemas familiares e non por motivos deportivos. O conxunto lucense vese así na obriga de acudir ao mercado para cubrir está última baixa, aínda que só pode realizar unha incorporación máis no que queda de temporada, pois xa utilizou 19 xogadores ata a fichaxe de Gray.