Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Un total de 50 deportistas cítanse este sábado no I Open de Boxeo Cidade de Lugo

Por 14 Marzo, 2024Marzo 15th, 2024Sin comentarios

O ximnasio de boxeo do polideportivo O Palomar contará coa participación de 13 clubs chegados de toda Galicia, que disputarán 26 combates

Este sábado 16 de decembro celebrarase no ximnasio de boxeo do Polideportivo O Palomar o I Open de Boxeo Cidade de Lugo, no que participarán 13 clubs de toda Galicia. Na cita un total de 50 deportistas disputarán 26 combates, 15 serán masculinos e 11 femininos.

Será un evento a porta pechada e retransmitirase a través da páxina de Facebook do Boxing Club Cidade de Lugo. O evento está organizado polo Boxing Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Boxeo coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lugo.

As categorías serán schoolboys e schoolgirls categorías infantil (11-12 anos) e cadete (13-14 anos), junior (15-16 anos) e xove (17-18 anos). O evento dividirase nunha sesión en horario de mañá a partir das 11.00 horas e outra de tarde a partir das 16.00. A primeira hora serán os combates schoolboys e schoolgirls que a parte de casco utilizan un peto como en taekwondo. Xa pola tarde, será a quenda dos júnior. Os combates schoolboys infantil son 3 asaltos dun minuto, cun 1 minuto de descanso. Pola súa parte, os schoolboys cadete son 3 asaltos de 1,5 minutos cun minuto de descanso e os júnior e xove son 3 asaltos de 2 minutos cun de descanso.