Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Boxing Club, campión no I Open Cidade de Lugo

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

O ximnasio de boxeo do polideportivo O Palomar contou coa participación de 13 clubs chegados de toda Galicia, que disputaron 26 combates

O sábado 16 de marzo celebrouse no ximnasio de boxeo do Polideportivo O Palomar o I Open de Boxeo Cidade de Lugo, no que participaron 13 clubs de toda Galicia. Na cita un total de 50 deportistas disputaron 26 combates, 15 masculinos e 11 femininos.

No campionato o Boxing Club Cidade de Lugo fíxose con 4 vitorias. Daniel Piñeiro venceu por descalificación, Adriana Uria venceu por puntos, Amin Zekhnini venceu por puntos e Anxo Otero venceu por KO técnico. Deste xeito, os lucenses fans coa Copa de Club Campión do Torneo.

Foi un evento a porta pechada organizado polo Boxing Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Boxeo coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Lugo. As categorías que competiron foron infantil (11-12 anos) e cadete (13-14 anos), junior (15-16 anos), xove (17-18 anos) e schoolboys e schoolgirls.