Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Yago González do Shihan, campión galego de kickboxing en ring

Por 25 Marzo, 2024Sin comentarios

Os deportistas do Shihan non paran de colleitar bos resultados. O último en volver a subirse no máis alto do podio foi Yago González que se proclamou campión galego de K1 en ring. O deportista do club lucense fíxose co novo título no pavillón municipal de Cerdedo-Cotobade no que tivo lugar o Campionato Galego Xunta de Galicia de Kickboxing en ring.

González suma así tres ouros nas tres últimas competicións. O mozo é o actual Campión de España de Sanda e Campión Galego de K1 en tatami.  Na cita, xuntáronse os mellores competidores a nivel autonómico no cuadrilátero.