Skip to main content
Baralla

O BNG de Baralla denuncia a falta de comunicación entre o Ministerio de Facenda e o catastro

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

O BNG de Baralla denuncia a través de preguntas presentadas polo do deputado no Congreso, Néstor Rego, que o catastro segue a cobrar o IBI á veciñanza a cal se lle expropiaron fincas no 2009 cando se fixeran os arranxos na LU-710 propiedade da Consellaría de Infraestruturas que non cumpriu co seu deber legal de comunicar a Catastro estas expropiacións e as parcelas seguen a figurar coa mesma superficie que antes das expropiacións.

Este problema agravase pois estas mesmas terras, que tiñan a consideración de terras rústicas, coa revisión catastral pasaron a ser terras de natureza urbana o que leva consigo un aumento do seu valor catastral e o seu conseguinte aumento no IBI, ademais isto leva consigo que dende catastro se lles vai reclamar a estes propietarios este imposto con carácter retroactivo.

O Catastro esta actuando sen respectar a legalidade pois teríalle que ter requirido esta comunicación á Consellaría de Infraestruturas informando das superficies expropiadas e mesmo de promovendo os correspondentes expedientes sancionadores.

O BNG de Baralla xa denunciou estes feitos diante do Sr. Alcalde máis non obtiveron resposta, nin eles nin os veciños que no seu momento fixeron alegacións ao plan xeral que permitía estas modificacións de uso das parcelas.