Skip to main content
O Corgo

O Corgo protagoniza unha xornada viaxeira que mestura a música tradicional coa degustación de produtos locais

Por 3 Marzo, 2024Sin comentarios

O proxecto Descubrir a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa continúa o vindeiro 6 de abril cunha xornada viaxeira polo Corgo. A ruta realizarase en horario de mañá, entre as 11.00 e as 14.00 horas.

Durante a xornada, realizarase un paseo guiado moi entretido e dinámico e rematará a actividade cunha degustación de produtos da zona e cunha actuación dun grupo musical. O punto de encontro será Castrillón. Para participar é necesaria a inscrición a través do correo info@comarcadelugo.gal ou do número 982 238 000.