Skip to main content
A Fonsagrada

A ITV chega á Fonsagrada en abril e maio

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

A unidade móbil de inspección técnica de turismos estará na Explanada do Piñeiral, no Concello da Fonsagrada durante o mes de abril e maio. Así o informa o Goberno local que informa das datas concretas nas que estará dispoñible este servizo.

Do 24 ao 30 de abril e do 2 ao 6 de maio estará en horario de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas. Excepto os días 26 de abril e 6 de maio que o horario será de 09.00 a 13.30 horas.

Para acudir é preciso pedir cita previa ben por teléfono, no 902 309 000, ou ben a través da páxina web da ITV.