Skip to main content
Lugo

A Hedreira ofrece un coloquio sobre decrecemento da man de Miguel Anxo Abraira

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

Este sábado 2 de marzo a partir das 19.00 horas o centro social autoxestionado A Hedreira ofrece un coloquio sobre a falta de decrecemento con Miguel Anxo Abraira, quen ademais presentará a organización Rede para o Decrecemento Eo-Navia I Galiza I O Bierzo

A continuación, organizarase unha cea vegana a partir das 21.30 horas. Para a cea as prazas son limitadas polo que é necesario reservar praza escribindo a csahedreira@riseup.net.  O menú é crema de cabaza, curri de verduras e macedonia. O prezo como sempre á vontade.