Skip to main content
Lugo

O psicólogo Alejandro Vaghetti presenta o seu primeiro libro en Lugo

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

Alejandro Vaghetti presenta o seu primeiro libro Relativa Mente en Lugo. A proposta, organizada pola Asociación Rioplatenses de Lugo, terá lugar este sábado no local de asociacións María Mariño, comezará ás 19.30.

Trátase dunha actividade de balde e aberta ao público ata completar aforo. A obra é un libro de relatos dividido en sete partes con estilos e temáticas diversas. Os seus textos están escritos en galego, castelán e inglés e aglutinan sabores amargos, outros ácidos e outros un pouco doces.

A impronta psicoanalítica do autor arxentino que traballa como psicólogo é clara e enfréntanos tamén co mundo dos inconsciente, o onírico e o imaxinario. Aínda que Vaghetti é licenciado en psicoloxía, xa publicou en diversas antoloxías pero este supón a súa primeira obra en solitario.