Skip to main content
Lugo

Arranca unha nova edición da Candeloria con dúas noites de concertos e unha sesión de Cantos de Taberna

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

A cita celebrarase no Pazo de Feiras de Lugo cunha clara aposta pola música en galego e conta coa presenza de bandas como Los Chikos del Maíz, Mafalda ou Zoo, que se despiden este ano dos escenario

Lugo prepárase para celebrar o décimo aniversario da Candeloria, cita musical que arranca este venres no Pazo de Feiras e Congresos cunha clara aposta polas bandas e a música en galego. Zoo, Rebeliom do Inframundo, Dakidarría, Pigs Parlament, Kamikazes e Jordi Pánico compoñen as actuacións desta primeira xornada.

Seguiranlles Soziedad Alkoholika, Los Chikos del Maíz, Talco, Mafalda, Tribade, Arrhythmia, Me Fritos and the Gimme Cheetos e la Duendeneta dos que se poderán gozar o sábado. Neste día tamén terán lugar os tradicionais Cantos de Taberna no barrio da Ponte, sinal de identidade do festival. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a área de Cultura do Concello de Lugo colaboran coa organización do evento, que xa é todo un referente na música punk rock en Galiza e no resto do Estado.

A deputada de Cultura, Iria Castro, valorou a traxectoria desta cita como activo cultural. “Unha mostra máis do dinamismo e da enerxía que os colectivos culturais e a mocidade lucense, que busca alternativas de lecer para os seus veciños e veciñas pero tamén impulsa a economía e colabora co tecido comercial e hostaleiro achegando visitantes”, asegurou durante a presentación da nova edición. Quixo destacar a importancia de contar con bandas e artistas procedentes de distintos puntos da xeografía galega.  “Seguimos necesitando ampliar os escenarios e os altofalantes para as nosas artistas e para a nosa lingua”, anunciou.