Skip to main content
Lugo

A Deputación de Lugo colabora coas xornadas de referencia do sector lácteo galego

Por 1 Marzo, 2024Sin comentarios

A Deputación de Lugo achega 3.000 euros á xornada de Africor Lugo-Vaca Pinta, unha das citas anuais clave para o sector lácteo en Galicia que se celebrou este xoves na Facultade de Veterinaria de Lugo. O deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, enmarcou esta colaboración no compromiso da institución provincial co sector primario.

“Un compromiso que ten como eixo vertebrador a Granxa Gayoso Castro, onde contamos coa Granxa Experimental de Leite”. Trátase do primeiro centro público experimental de Galicia que combina formación e investigación universitarias sobre o sector lácteo, ·no que fai prácticas o alumnado de Veterinaria e da Escola Politécnica, e co que impulsamos a transferencia do coñecemento xerado na Universidade á propia actividade gandeira”, sinalou na clausura desta cita que reuniu a ducias de profesionais e estudantes.

Africor agradeceu a presencia do Deputado nesta xornada que abordou a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), a Diarrea Vírica Bobina (BVD), os programas sanitarios e o papel das Agrupacións en Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) en Galicia, a situación do manexo da recría e a xestión dos datos en granxa.