Skip to main content
Lugo

A CIG asegura que o convenio da limpeza de Lugo garante o salario mínimo para as traballadoras

Por 2 Marzo, 2024Sin comentarios

Desde a Federación de Servizos da CIG de Lugo desmenten a última valoración de CCOO coa que aseguraban que co convenio da limpeza parte do persoal obtería retribución por baixo do salario mínimo. Sinalan deste xeito o punto 10 do convenio no que se garante que “todos os traballadores e traballadoras s deberán percibir como mínimo o S.M.I. vixente en cada momento”.

Ademais destacan que, tal e como acredita o documento do acordo, os representantes de CCOO estiveron presentes en todo o proceso de negociación, polo que “a difusión de que non se respecta o SMI só pode obedecer a un interese de confusión cara á opinión pública”.

Neste sentido, encóntranse abraiados porque o sindicato CCOO considere a folga da limpeza “coma un erro e un fracaso, cando foi unha folga convocada polas tres centrais sindicais maioritarias, CCOO incluída, e cando durante os 130 días de Folga non fixeron unha soa proposta nin suxestión a respecto do desenvolvemento da mesma”. Para eles a valoración só se pode entender desde un posicionamento “absolutamente irresponsable e desleal coas traballadoras e traballadores do sector”.