Skip to main content
Lugo

O recoñecido conferenciante Victor Küppers participa nunha mesa redonda en Lugo

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

A ONG Escuela Shantidi organiza este mércores a partir das 19.00 horas no Gustavo Freire unha charla solidaria da man de Victor Küppers, recoñecido conferenciante internacional sobre motivación, actitude, psicoloxía positiva e crecemento persoal, que intervirá de maneira online.

Tamén participarán na mesa redonda de xeito presencial Lancy Doden, voceiro da Fundación Vicente Ferrer en España; Marta Vales, especialista en Educación Emocional, Coaching e Mindfulness e a psicóloga Dolores Valero, experta en intelixencia emocional. A entrada é gratuíta pero precísase confirmar asistencia a través do correo shantidi.ong@gmail.com, xa que sen reserva non se asegura ter praza.