Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Lugo Cultural organiza unha sesión de micro aberto coa participación do artista Pablo Méndez

Por 5 Marzo, 2024Sin comentarios

Tes unha canción, un texto, unha poesía, un monólogo que queiras compartir? Esta é a túa oportunidade de formar parte da seguinte xuntanza do Micro aberto. A próxima sesión, que contará con Pablo Méndez como artista convidado, terá lugar o 11 de marzo, ás 20.00 horas, na cafetería da Facultade de Administración e Dirección de Empresas.

Os interesados deben enviar a súa proposta a cultura.lugo@usc.gal antes do 7 de marzo. Pódese solicitar máis información no número 982 821 513. Micro aberto é unha actividade incluída na programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.