Skip to main content
Lugo

A Escola de Idiomas de Lugo ofrece un obradoiro de escrita con perspectiva de xénero

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

A Escola de Idiomas de Lugo organiza o luns 11 de marzo, con motivo da programación polo Día Internacional da Muller un obradoiro de escrita creativa con perspectiva de xénero, a partir da lectura de poetas galegas. Esta actividade, dirixida pola escritora lucense Beatriz Dourado, comezará ás 18.00 horas na biblioteca.

O aforo é limitado, polo que os interesados poden enviar un correo a eoi.lugo.biblioteca@edu.xunta.gal para asegurarse unha praza neste obradoiro.