Skip to main content
Lugo

Maite Ferreiro acusa ao PP de só lembrar a loita feminista no 8M: “O resto do ano recortan dereitos”

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

Maite Ferreiro, concelleira do BNG en Lugo, afirma que o PP “só lembra os dereitos das mulleres no 8 de marzo, o resto do ano recortan dereitos onde gobernan da man da extrema dereita”. Ferreiro destaca que para os populares a loita feminista “ten dous modelos, reclamar servizos nas administracións onde non gobernan e bloquear dereitos onde gobernan, co apoio das formacións da extrema dereita”.

Apóiase así, nas noticias de diferentes lugares do estado “onde o PP ao chegar ao goberno eliminou as partidas orzamentarias e deixou de traballar en políticas de igualdade, contra a violencia machista ou polos dereitos das persoas LGBT. Pola súa parte, dende o BNG pretenden seguir “traballando pola igualdade todos os días do ano, o Partido Popular utilízaa como un instrumento para crear un ambiente de crispación”.

Os nacionalistas chaman a mobilizarse este 8M para defender e avanzar con firmeza nos dereitos conquistados en materia feminista “fronte aos crecentes discursos que negan a violencia machista, o cuestionamento dos dereitos sexuais e reprodutivos, a vixencia da discriminación laboral e da fenda salarial e a normalización de que os coidados sigan recaendo nas mulleres”.

Neste sensto, propoñen incrementar o orzamento da Xunta contra a violencia machista até o 1 % do presuposto total, así como outras medidas como realizar unha auditoría sobre a situación das mulleres nas contratacións públicas para rematar coa discriminación e a fenda salarial, apostar pola igualdade no ensino recuperando a oferta nesta materia eliminada no presente curso e o impulso da Lei de Igualdade no Deporte. Na cidade terán lugar dúas mobilizacións na xornada do 8 de marzo. Pola mañá, ás 11.30 horas convocada pola CIG, e pola tarde, ás 20.00 convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, ambas diante do edificio da Xunta de Galiza na Ronda da Muralla.