Skip to main content
Lugo

O PP pide o amparo da Valedora do Pobo por “boicotear” a súa entrada ao auditorio de Magoi

Por 7 Marzo, 2024Sin comentarios

O concelleiro do PP en Lugo Enrique Rozas manifesta que “dicir que non recibiron dúas petición dirixidas á alcaldía, para visitar esta dotación cultural, non é crible” e que esta situación podería ser outro indicativo “das trabas que este Goberno local pon ao labor de fiscalización”. O vicevoceiro popular asegura que o Concello está “a impedir de maneira reiterada o labor de control á oposición coa obstrución ao acceso ás instalacións municipais, demoras indebidas a acceso de expedientes ou coa negativa á entrega de copias dos mesmos”

Par el, resulta “difícil crer que houbera un erro reiterado á hora de derivar dous escritos do mesmo tema, rexistrados no Rexistro Xeral da Sede electrónica en diferentes datas, xa que transcorreu tempo suficiente para subsanalo e enviar o documento ao departamento de alcaldía que figura no pé de páxina”. Porén, non van permitir que “recorten os dereitos do grupo político con máis concelleiros da corporación e que nos boicoteen de forma habitual no noso labor como oposición e por iso presentaremos en vindeiros días unha queixa á valedora do pobo”.

Os populares recordan que rexistraron dous escritos solicitando acceso ao edificio do Auditorio de Magoi trala confirmación, por parte do Goberno local, en decembro de 2023, de que esta dotación estaba lista para a súa apertura. O primeiro presentouse o 10 de xaneiro, e diante da falta de contestación reitérase a petición o 14 de febreiro. Logo de que pasasen 5 días hábiles “sen resposta”, interpretaron que se trata dun “silencio administrativo positivo” e comunicaron o 4 de marzo a intención de visitar o Auditorio de Magoi o luns 11. “Curiosamente esa petición coincidiu coa visita que fixeron Alvarellos e Arroxo a esta infraestrutura e a que non se invitou nin comunicou ao grupo popular”, denuncian,

Tras a comunicación, aseguran que recibiron vía correo electrónico unha resposta na que se explica “que alcaldía non tiña coñecemento” dos escritos de 10 de xaneiro e 14 de febreiro porque foron “derivados a outro departamento” e que a visita do luns “non é posible organizala e que nos próximos días contactaran co grupo para concretar unha nova data”.