Skip to main content
Lugo

Carlos Rebolo invita a volver ao sinxelo coa representación de ‘Anacos’ no Escenario Hipócrita

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

Este sábado a partir das 20.00 horas, o Escenario Hipócrita ofrece unha nova proposta teatral. Trátase da peza Anacos que presentará o actor e narrador Carlos Rebolo de Ítaca Teatro.

A obra é un espectáculo no que non hai escenografía, xogos de luces nin efectos sonoros ou música. Trátase de volver ó sinxelo, á tradición de reunirse para contar contos, sen máis artificios. A seguinte función no Escenario Hipócrita terá lugar o sábado 23, coa Gala dos Hipopremios, na que actuarán varios artistas.