Skip to main content
Lugo

Tomás Paniagua, impulsor da Semana do Cine e primeiro presidente do Fonmiñá, cumpre 100 anos

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

“Ensinounos a camiñar… E agora, nós como colectivo estamos camiño de cumprir medio século, e el chega á feliz celebración tan rotunda dos 100 anos”, conta Xulio Xiz, presidente do grupo

Tomás Paniagua Ayesa, primeiro presidente do grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, cumpre 100 anos. Paniagua, serio e sorrinte, pero tamén elegante e cercano para todos aqueles que o coñecen, tivo moito que ver coa orixe do grupo que naceu “polas inquedanzas duns mozos devotos do mundo da imaxe”, lembran dende a asociación.

O primeiro presidente guiou ao colectivo na súa orixe e foi quen de axudalos a dar os seus primeiros pasos, como tamén tivo moito que ver na organización da primeira Semana de Cine no ano 1979 coa que conseguiron ensalzar a sétima arte na cidade. “Ensinounos a camiñar… E agora, nós como colectivo estamos camiño de cumprir medio século, e el chega á feliz celebración tan rotunda dos 100 anos”, conta Xulio Xiz, presidente do grupo.

Este devoto do cine, da música e da cultura, que se encontra en plena plenitude das súas facultades, deixou unha gran pegada na historia fotocinematográfica e na vida de Lugo.