Skip to main content
Lugo

Lugo maniféstase contra a fenda de xénero este 8M

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

Este mediodía a CIG convocou a primeira das manifestacións que terán lugar na cidade amurallada neste Día Internacional das Mulleres Traballadoras. O sindicato puxo o foco contra a precariedade e na demanda de traballo digno e igualdade, dado o incremento de todas as fendas de xénero dende que foi aprobada a última reforma laboral.

A edil do BNG no Concello de Lugo, Maite Ferreiro, recalcou o carácter reivindicativo do 8M sumándose ao acto e poñéndose a carón das mulleres traballadoras e do movemento feminista. A concelleira quixo facer visíbeis as súas demandas de igualdade e non discriminación: “Os datos amosan que somos as mulleres as que, desde o inicio da nosa vida laboral até a xubilación, padecemos toda unha serie de desigualdades que non teñen causas obxectivas baseadas no desempeño do noso traballo, senón no feito de sermos mulleres”.

Ferreiro aproveitou a ocasión para animar á mobilización e á demanda de dereitos. “Non temos moito que celebrar, e si moito que reivindicar. Estamos aínda moi lonxe da igualdade real”, concluíu.