Skip to main content
Lugo

Ana María Rivas, primeira secretaria xeral do Concello de Lugo

Por 8 Marzo, 2024Sin comentarios

Ana María Rivas García, quen exerceu nos últimos anos como secretaria interventora no municipio de Becerreá, toma de posesión da nova secretaria xeral do Concello de Lugo. O acto coincidiu co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xa que Rivas García é a primeira muller que desempeñará de forma oficial este labor en toda a historia do Concello.

Neste sentido, a rexedora destacou a importancia de que as mulleres ocupen postos de responsabilidade na xestión pública. “É emocionante presidir como alcaldesa a toma de posesión da primeira muller en ocupar este cargo como habilitada nacional na nosa Administración local. Con esta incorporación evidenciase o cambio social que as mulleres estamos a protagonizar en todos os eidos da  nosa sociedade”, dixo Paula Alvarellos tras dar a benvida á nova traballadora municipal.

Así mesmo, a alcaldesa desexoulle sorte nesta nova etapa profesional. “Somos coñecedores da túa valía e estamos seguros de que afrontarás con éxito o desafío de liderar a secretaría municipal, pois os teus acertos serán tamén os deste Concello”. Pola súa banda, Rivas García deu as grazas á alcaldesa pola confianza depositada e dixo asumir “con gran responsabilidade” o seu novo posto na administración local lucense.