Skip to main content
Lugo

‘Unha canta, a outra non’ pon fin ao ciclo Marzo de Muller con Agnès Varda en Lugo

Por 17 Marzo, 2024Sin comentarios

Este luns 18 de marzo proxectarase no salón de actos do Vello Cárcere Unha canta, a outra non como parte do ciclo Marzo de Muller con Agnès Varda. A proxección, organizada polo Club Cultural Valle-Inclán, comezará ás 19.30 horas e a entrada é de balde ata completar aforo. Con este drama do 1977 ponse punto e final ao ciclo impulsado polo colectivo.

A trama presenta as vidas de dúas mulleres na Francia de 1970, co movemento feminista no que participou Varda como pano de fondo. Pomme e Suzanne coñécense cando Pomme axuda a Suzanne a abortar despois dun terceiro embarazo que non pode custear. Perderán o contacto, pero volverán atoparse dez anos despois. Pomme é cantante e Suzanne traballadora comunitaria. A pesar das súas diferenzas, seguirán sendo amigas, compartindo varios conflitos e afirmando as súas identidades femininas.