Skip to main content
Lugo

Agromuralla organiza en Lugo unha charla sobre as reclamacións contra o cártel do leite

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

Agromuralla organiza este xoves 14 unha charla cos seus gandeiros para resolver as dúbidas das reclamación contra o cártel do leite. Eskrariam, líder da reclamación con máis de 7.000 clientes gandeiros, será a encargada de impartir a proposta, que comezará ás 12.00 horas hotel Torre de Núñez de Lugo.

Trátase dunha actividade aberta a quen queira informarse sobre a reclamación e na que se abordarán as sentenzas da audiencia nacional, os próximos pasos a dar e o prazo para sumarse á protesta, ademais de dúbidas e preguntas.