Skip to main content
Lugo

Vilachá de Mera celebra as súas festas patronais esta fin de semana

Por 22 Marzo, 2024Sin comentarios

Vilachá de Mera, en Lugo, celebra as súas festas na honra a San Xosé os vindeiros sábado 23 e domingo 24 de marzo con misa solemne, sesión vermú e verbenas. O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 cunha misa solemne para continuar cunha sesión vermú e verbena xa pola noite cargo das orquestras Stereo e Cinema, que serán as encargadas de encher de música o campo da festa.

O domingo 24 a misa solemne terá lugar tamén ás 13.30 horas e a continuación unha sesión vermú co dúo Eclipse. Dende a organización recordan que o campo da festa estará cuberto con carpa.