Skip to main content
Lugo

Os vehículos poden acceder ao centro de Lugo se se dirixen a un aparcadoiro

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

O Concello de Lugo lembra que todos os vehículos poden acceder ao centro histórico sempre e cando se dirixan a algún dos aparcadoiros localizados dentro das murallas. Este é un dos usos autorizados, entre outros, que non é obxecto de sanción por parte da Policía local.

Acceder co vehículo particular ao Centro Histórico está permitido a toda a cidadanía no caso de que o destino do estacionamento sexa algunha das instalacións habilitadas para este fin dentro da zona amurallada.