Skip to main content
Lugo

Proxéctase en Lugo o documental sobre a memoria dos segadores de Órrea

Por 12 Marzo, 2024Sin comentarios

O grupo de innovación docente Ruralia da USC organiza este mércores, a partir das 18.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra, a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela. Unha historia de heroes. A asistencia é libre e de balde.

O audiovisual está elaborado por unha asociación do concello de Riotorto coa intención de recoller e a memoria dos homes da parroquia da Órrea que participaron nas segas de en Castela. É un feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por 31 homes e mulleres que o viviron en primeira persoa.

Conta, tamén, coa participación de varios segadores da Órrea residentes en Meira. Ao remate da sesión, o público presente poderá participar nun coloquio con algúns dos protagonistas, que dará testemuño das súas lembranzas e experiencias.