Skip to main content
Lugo

O Museo de Lugo expoñerá a Sibila de Velázquez do 10 de xuño ao 7 de xullo

Por 14 Marzo, 2024Sin comentarios

O Museo Provincial de Lugo expoñerá a obra Sibila de Velázquez, pertencente ao Prado, este mesmo verán, concretamente do 10 de xuño ao 7 de xullo. A través do proxecto expositivo El arte que conecta levarase un total de 18 obras a distintos museos da xeografía española.

A obra de Velázquez poderá verse no museo lucense durante un mes, no marco desta inicaitiva que ten como obxectivo proxectar as súas coleccións no contexto estatal, apostando por unha xestión dos seus depósitos que fomentan a presencia, visibilidade e acceso á colección en todo o territorio español para favorecer o seu coñecemento e difusión.

O Museo Provincial de Lugo é a única institución galega incluída neste proxecto, “o que supón un recoñecemento ao traballo que se desenvolve nos museos provinciais”, valorou a deputada de Cultura Iria Castro. Castro valorou destacou “a repercusión e visibilidade que lle dará ao Museo Provincial de Lugo e á cidade de Lugo a exposición dunha obra de Velázquez, de recoñecemento e valor internacional”.