Skip to main content
Lugo

Organízase en Lugo o primeiro concerto solidario de corais a favor do comedor San Froilán

Por 16 Marzo, 2024Sin comentarios

Lugo acolle o primeiro concerto solidario en favor do Comedor San Froilán. Será este sábado a partir das 20.30 horas na igrexa de San Pedro de Lugo.

No encontro participarán as corais Ecos do Miño, Astelu Cantar Delas, Orfeón Xoán Montes e Amigos do Camiño de Santiago provincia de Lugo. A entrada é gratuíta. Na entrada colocarase unha urna para depositar os donativos destinados ao Comedor San Froilán.