Skip to main content
Lugo

Melloran o asfaltado do Carril das Hortas, da Campiña e do Camiño das Lagoas en Lugo

Por 15 Marzo, 2024Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, visitou o Carril das Hortas, onde nos últimos días se renovou o a capa de rodadura con asfalto en quente para continuar atendendo que ” ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas”. O Goberno de Lugo actuou tamén na Campiña e no Camiño das Lagoas, dando continuidade ao esforzo que a concellería de Infraestruturas realizou nos últimos anos para atender ás distintas zonas periurbanas de Lugo.

“Zonas como a Campiña recibiron nestes anos unha serie de investimentos importantes que melloraron enormemente a calidade de vida da veciñanza, con actuacións tanto nas rúas e beirarrúas como renovando o alumeado público”. A solución executada pola Concellería de Infraestruturas no Carril das Hortas consiste na creación dunha nova baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira.

Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal. Na Campiña e no Camiño das Lagoas aplicouse saburra, o que permitirá garantir a uniformidade en todo o vial. Desde a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, “xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar”.