Skip to main content
Lugo

Afalu Alzheimer organiza en Lugo dúas sesións sobre os problemas de sono nas persoas con demencia

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

Afalu organiza o grupo de familias este mércores 20 de marzo para tratar os problemas e hixiene do sono. Contarán con dúas sesións en Lugo, con horario e localización distinta, unha no centro de día na rúa Poeta Díaz Castro de 16.00 a 17.30 horas e outra na unidade terapéutica na avenida Infanta Elena de 18.00 a 19.30 horas.

Nas demencias os problemas do sono son moi frecuentes. As alteracións neuropatolóxicas destas enfermidades poden alterar o ciclo soño-vixilia, aparecendo desta maneira espertares nocturnos, axitación, confusión ou deambulación. Isto vai repercutir tamén no benestar das persoas coidadoras, dificultando o desempeño das tarefas cotiás.

Por iso, o obxectivo desta sesión será dar estratexias para favorecer o sono destas persoas e quen as coida, coa finalidade de conseguir un descanso reparador. As persoas que queiran asistir por primeira vez poden obter a información no 607 843 384 ou en afalu@afalu.org.