Skip to main content
Lugo

Cinco propostas protagonizan a 30 edición do Festival de Teatro Universitario

Por 22 Marzo, 2024Marzo 23rd, 2024Sin comentarios

As pezas, que son de carácter gratuíto, representaranse entre os días 15 e 19 de abril no auditorio Gustavo Freire de Lugo

Entre os días 15 e 19 de abril regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, chegando á súa 30 edición. Ademais das funcións no auditorio Gustavo Freire, terá lugar tamén un taller de creación escénica con Ana Vallés e unha nova proposta: escaparArte, para todas aquelas persoas interesadas en presentar en diferentes escaparates da cidade traballos de perfil escénico.

As pezas teatrais terán lugar no auditorio municipal ás 20.30 horas. As propostas, que son de balde, comezan o 15 de abril con Desequilibrios da man do grupo Maricastaño UVigo. Ao día seguinte, é a quenda de Deixando a pel da Compañía de Teatro da USC-Lugo. O día 17 chega Antropoloxía do bico representada pola Aula de Teatro da USC e o 18, Cara de leoparda da Compañía Vaites Vaite USC-Lugo. O ciclo chega a súa fin o 19 co (Des)de los Escombros coa Compañía Vaites Vaite USC-Lugo.

Como actividades complementarias, realizarase un obradoiro de creación escénica con Ana Vallés o 20 e 21 de abril, de 16 a 20 horas na Aula de Teatro da Facultade de Veterinaria. A inscrición pode realizarase ata o 11 de abril en cultura.lugo@usc.gal. Tamén se levará a cabo a iniciativa EscaparArte: accións escénicas nos escaparates do casco histórico de Lugo o 13 de abril de 2024, de 18 a 20 horas. Os interesados en participar como artista, poden enviaa ata o 1 de abril a proposta a escapararte@usc.gal.