Skip to main content
Lugo

Un novo selo asegura a calidade da residencia das Gándaras

Por 18 Marzo, 2024Sin comentarios

A residencia lucense das Gándaras, de titularidade da Xunta, acaba de sumar un novo certficiado de calidade. Concretamente acaba de recibir a distinción en base á norma ISO 9001-2015, que avala os servizos prestados segundo requisitos e estándares internacionais.

O centro suma así un novo selo que garante a calidade, a profesionalidade e a eficiencia na súa xestión, xa recoñecida coa credencial UNE 158101-2015. A acreditación esténdese a todas as áreas de funcionamento da residencia e reflicte o compromiso de mellora continua por parte do equipo de profesionais que se ocupan da atención residencial, persoal, psicosocial e sociosanitaria dos usuarios.

Un dos obxectivos do centro das Gándaras é fomentar a vida participativa das persoas maiores a través de diferentes accións. Entre elas figura o proxecto Grazas A-Vós, que acaba de comezar con moi boa resposta por parte dos residentes. Trátase dunha iniciativa da Fundación Breogán coa colaboración da Xunta que inclúe dúas sesións semanais de exercicio físico, ioga, pilates, talleres de estimulación cognitiva e outras actividades para favorecer a saúde física e mental dos usuarios. Ademais, haberá visitas periódicas de xogadores do CB Breogán. A residencia da Milagrosa tamén participa nesta iniciativa.