Skip to main content
Lugo

Os centros de Lugo participan nun estudo da UOC e a USC sobre o consumo de substancias psicoactivas

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

Educación difunde as actividades sobre un estudo sobre o consumo de substancias psicoactivas en Catalunya e Galiza realizado pola UOC e a USC. O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a Tenencia de Alcaldía a través da Concellería de Educación colabora na difusión do proxecto de investigación destinado a analizar os factores asociados ao consumo de sustancias psicoactivas, adiccións comportamentais e os seus determinantes en adolescentes en Catalunya e Galiza.

Rubén Arroxo afirmou que se trata dunha iniciativa “importante que nos permitirá coñecer mellor a incidencia destas substancias entre a mocidade galega e catalá”. Educación dará difusión ás actividades do grupo de investigación epi4health, especialista en Epidemioloxía e Saúde Pública no contexto dixital, que ten como obxectivo o estudo dos comportamentos de saúde en poboacións especialmente vulnerables, como os adolescentes, e o deseño e avaliación de intervencións de saúde e o uso das TIC para promover cambios nos comportamentos relacionados coa saúde.

O obxectivo desta investigación é analizar os patróns de consumo de alcohol, tabaco e cannabis, o uso problemático de pantallas e a súa relación coa saúde mental, a accesibilidade e a exposición á promoción destas sustancias e determinantes sociais en estudantes de secundaria de 12 a 18 anos de Catalunya e Galiza entre 2024 e 2025.

Nunha primeira fase, o grupo de investigación contratará a unha persoa para organizar o traballo de campo de toma de datos nos centros de ensino de Lugo e na súa contorna. Será unha contratación temporal de 6 meses ao 55 % da xornada completa con previsión de incorporación en marzo de 2024. Toda a información relacionada coa oferta de emprego pode atoparse na web.