Skip to main content
Lugo

O alumnado do Colexio Maristas de Lugo recibe os seus carnés de Ciberexperto

Por 19 Marzo, 2024Sin comentarios

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entregou xunto ao responsable do Plan Director da Policía Nacional para a Convivencia e a Mellora da Seguridade dos centros educativos e a súa contorna, Rubén Darío Veiga, 50 carnés de Ciberexperto no Colexio Maristas.

A subdelegada celebrou a destreza destes alumnos e alumnas na utilización dunha rede segura, e subliñou que cada vez é máis importante “aprender sobre ciberseguridade polo incremento e sofisticación das estafas”.