Skip to main content
Lugo

O cantareiro e bailador Xisco Feijoó volve a Lugo cun novo concerto

Por 26 Marzo, 2024Sin comentarios

Xisco Feijoó soterrou Peixe este outono cun dos seus últimos directos en Lugo. Agora o cantareiro, instrumentista e bailador volve á cidade o Vernes Santo como parte do programa das Xornadas de Música e Baile Tradicionais de Semana Santa, organizadas por Cántigas e Frores.

Feijoó ofrece un concerto a partir das 22.00 horas no Clavicémbalo o día 29. Os concertos do galego, ateigados de música, danza e arte, son únicos e irrepetiblse. Son a celebración da vida dun proxecto. Xisco Feijoó lanzou Peixe no mes de xullo de 2021.

Desde entón o artista, unha das figuras clave na recuperación de música tradicional galega durante as décadas do 80, 90 e primeiros 2000 ofreceu case medio cento de actuacións en localidades das catro provincias galegas, ademais doutros municipios da península, como Madrid, Bilbao, Valencia, Segovia e Plasencia; ou mesmo de Europa, na que temas como Animal ou Caracoles soaron en Xenebra, Munich, Hamburgo, Frankfurt e Varsovia.